Concepto de enerxía: A enerxía é unha propiedade dos corpos que lles permite producir cambios neles mesmos ou noutros corpos ou sistemas. As principais características da enerxía son: -Pode transferirse duns sistemas a outros. -Pode ser almacenada e transportada. -Consérvase. -Degrádase. A unidade de medida da enerxía é o Xulio (J)
Fontes de enerxía: Son elaboracións fixas máis ou menos complexas das que o ser humano pode extraer enerxía para realizar un determinado traballo ou obter algunha utilidade. Poden ser: -Renovables: enerxías inesgotables, imposibles de sobreexplotar, debido a que se renovan constantemente (hidráulica, eólica, solar...). Na actualidade aínda se atopan pouco desenvolvidas. -Non renovables: son as enerxías máis utilizadas na actualidade (gas, petróleo, carbón...) pero, esttán chamadas a desaparecer en poucos anos, xa que a formación destas substancias conleva un longo e complexo período, e cando se esgoten farano para sempre.